![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
Presentación: Patrimonio da colectividade (Autor: Enrique de Arce)
Furada nace da necesidade de dar a coñecer os traballos da colectividade de espeleólogos de Galiza. As súas páxinas queren ser testemuña permanente das cavidades de Galiza; luz, en fin, para os traballos que o espeleólogo-científico realiza nas entrañas da terra, nese mundo que é oscuro e silencioso, pero extraordinariamente atractivo para o home que ama a natureza.
Aumento espectacular (Autor: Redacción)
Unha ollada aos datos proporciona unha idea do avance da espeleoloxía en Galiza nos últimos cinco anos. Estes datos indican que este aumento é espectacular. Lembrémoslles a estes espeleólogos que as covas hai que mantelas limpas. E que coiden de que ninguén faga estragos, pois a natureza precisa centos de anos para recompoñer a estalactita que o home pode estragar nunha fracción de segundo.
A Buraca Das Choias (Autor: Manuel Díaz Prieto)
O presente traballo relata as incursións realizadas nesta cavidade, por cuxo interior discorre un río. Ata o momento as exploracións non puideron efectuarse máis aló do segundo sifón.
Notas sobre as formas kársticas do Val do Río Seco (Autor: Joaquín Jiménez de Azcárate)
O presente traballo introduce ó lector no coñecemento das cavidades existentes no Val do Río Seco, unha zona da Serra do Courel (Lugo) rica en formas kársticas.
A sima Aradelas (Autor: Luis Rojo)
Galiza, polas súas características xeolóxcas, pobre en materiais calcarios, non é pródiga en fenómenos cársticos de envergadura, o que fai que as cavidades que atopamos sexan, agás excepcións, de escaso desenvolvemento tanto en horizontal como vertical. Se atendemos a este último criterio, atopamos a máxima profundidade ata o de agora explorada no territorio galego a –128 mts. Na Sima Aradela, sita na provincia de Lugo.
Resumo dos coñecementos actuais sobre quirópteros en Galiza (Autor: J. L. Sánchez Canals y J. Guitián Rivera)
Dezasete especies de quirópteros foron localizados e identificados ata a data en Galiza (Noroeste de España); oito destas especies foron atopadas en cavidades naturais. Engádense algúns comentarios sobre a súa abundancia relativa, distribución e conservación.
Espeleoloxía...o que non é deporte (Autor: Román Montesinos)
O autor expón algúns dos campos cara aos que pode ser orientada a Espeleoloxía como actividade científica. E subliña que a tarefa de investigación a debe realizar sempre un especialista.
Físico-química e contaminación no karst (Autor: J.A. Gálvez)
Tras definir os principais parámetros físico-químicos do medio cárstico, descríbense brevemente a zonación hidroxeolóxica e o movemento da auga no carst, para considerar de seguido os principios de hidroquímica do mesmo e rematar expoñendo as consideracións fundamentais sobre o comportamento do carst fronte á contaminación e a rexeneración de acuíferos cársticos contaminados.
Primeira exploración na Cova do Rei Cintolo (Autor: Antonio Veiga González)
A práctica da Espeleoloxía como deporte e ciencia ten en Galiza unha data clave: agosto do 1954. Foi entón cando un nutrido equipo de espeleólogos galegos exploróu con rigor e topografiou a cavidade máis importante-polas súas dimensións-e popular de Galiza, a Cova do Rei Cintolo, situada nas proximidades de Mondoñedo, Lugo. Un dos compoñentes daquela memorable expedición conta detalles daquel acontecemento, que tivo ademáis unha grande difusión ao ser comentado polos escritores Pedrayo, Cunqueiro e Castroviejo, entre outros.
As covas naturais no mundo e na Galiza (Autor: Xoán Ramón Vidal-Romaní)
Aínda existe a tendencia a identificar as covas cós terreos calcáreos, o certo é que se coñecen cavidades en moi diferentes materiais: granito, xeso, lava, etc. Na Galiza hai tamén as denominadas “furnas”, de erosión mariña e covas inexistentes, froito do maxín do home. Pero as “verdadeiras” cavidades de Galiza (Noroeste español) se atopan en áreas calcáreas moi restrinxidas das provincias de Lugo, Ourense e A Coruña.
Criterios xeocronolóxicos relativos (non orgánicos) de aplicación no karst (Autor: J. R. Montesinos)
Tódolos procesos que conduciron á formación do carst, parten da auga, ben dende o seu potencial disolvente ou erosivo,ben pola súa capacidade de transportar partículas en suspensión que se depositan formando sedimentos. No presente traballo expóñense os criterios xeocronolóxicos (non orgánicos) de aplicación no karst.
Intervención arqueolóxica no xacemento Paleolítico da Cova da Valiña (Castoverde-Lugo) (Autor: César Llana, Mª José Soto, Antonio M. Cortizas y Xosé María Lomba)
Breve presentación dos métodos e técnicas que un arqueólogo emprega para obter a información que precisa para coñecer a cultura que portaban os homes que fixeron da cova o seu hábitat.
A bibliografía na investigación das cavidades soterradas de Galiza (Autor: Francisco Martínez García)
A intención deste artigo, é achegar aos espeleólogos galegos as fontes bibliográficas que podan ser empregadas nas vindeiras campañas tanto prospectivas, topográficas como cando se acometan outro tipo de estudos, ben bioespeleolóxicos, paleontolóxicos, etc.
Refuxio de Liñares (Piedrafita-Lugo) (Autor: Redacción)
Artígo de presentación do Refuxio de Liñares, con motivo da súa inauguración.
Novas breves