![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
Talleres espeleoTIC´06
As Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) agrupan ó conxunto de dispositivos precisos para administra-la información, especialmente os computadores e programas necesarios para convertela, almacenala, administrala, transmitila e atopala. A introducción progresiva destas tecnoloxías supuxo un cambio da nosa sociedade.
A posta en práctica das TIC afecta practicamente á totalidade dos ámbitos das nosas vidas. Na actualidade, é frecuente atoparnos nos campamentos base das expedicións espeleolóxicas e, en xeral, nas nosas actividades deportivas, con todo tipo de dispositivos, tanto hardware como software, vinculados ás TIC. Campos coma a fotografía dixital, tanto 2D coma 3D, a montaxe de audiovisuais, o emprego de programas de axuda ó desenvolvemento da topografía espeleolóxica, xestión de cartografía e sistemas de posicionamento global (GPS), ou os diversos recursos espeleolóxicos dispoñibles na rede Internet, representan as principais aportacións das espeleoTIC, que revolucionaron e melloraron considerablemente as posibilidades da nosa labor.
Neste sentido, dentro do I Congreso Galego de Espeleoloxía, o 25º Aniversario da nosa Federación Galega de Espeleoloxía, como exemplo dun ámbito que evolucionou rapidamente e adaptouse ó noso contorno e modo de traballo, definíronse catro obradoiros que fixemos chamar espeleoTIC, que se van celebrar os días 14 e 15 de outubro do 2006 no Edificio do Concello do Barco de Valdeorras. Sinalar que tódolos obradoiros serán prácticos, requerindo dos participantes a disposición do seu equipo ou computador persoal de traballo.
O obxectivo é que os participantes mostren as súas ferramentas informáticas de traballo e as súas formas de emprego. Non procuramos leccións maxistrais, unicamente que cada participante mostre os recursos que emprega. Sen dúbida algunha, compartir experiencias de traballo en espeleoTIC enriquecerá o coñecemento neste campo de tódolos participantes. Os interesados en participar deberán estar inscritos no I Congreso Galego de Espeleoloxía e contactar co coordinador do obradoiro ou obradoiros correspondentes antes do 15 de setembro.
Esperamos a vosa participación activa.
Obradoiros
| Obradoiro | Coordinador |
| Fotografía dixital |
A. Santos del Riego nino@udc.es Espeleo Club de Descenso de Canóns (EC/DC) |
| Audiovisuais |
A. Santos del Riego nino@udc.es Espeleo Club de Descenso de Canóns (EC/DC) |
| Cartografía e Topografía |
D. Ballesteros Posada danielespeleo@yahoo.es G.E.S.C. Montañeiros Celtas. |
| Ferramentas e fontes de información dispoñibles na rede |
A. Antón Casado aantonc@gmail.com Espeleo Club de Descenso de Canóns (EC/DC) |
|