Federación Galega de Espeleoloxía

Federación Galega de Espeleoloxía

Español | Galego  
BenvidaFederaciónI Congreso GalegoTalleres TIC 06ActividadesEspeleosocorroEscolaRefuxiosEspeleoloxíaCanónsFuradaLigazónsContactar
www.espeleoloxia.org > I Congreso Galego

I Congreso Galego

 

 

O I Congreso Galego de Espeleoloxía xa rematou; durante tres días compartimos no Barco de Valdeorras coñecementos e vivencias adquiridos por institucións, persoas e clubs durante máis de 25 anos. No mesmo tivemos o  privilexio de contar coa representación das Federacións Catalá e Valenciá, ademáis da presenza de compañeiros doutras comunidades autónomas.

 

 

 

Os datos deste congreso son:

Inscripcións...................................138

Asistentes.....................................107

Entidades participantes....................22

 

Non debemos deixar pasar a ocasión de agradecer públicamente o esforzo e apoio das entidades e persoas grazas ás cuais poidemos facer realidade este proxecto. 

 Unha vez máis, a todos, moitas grazas.

Propósito

Coincidindo có ano no cal celebramos o noso 25 Aniversario como Federación Galega de Espeleoloxía (F.G.E.), organizamos o I Congreso Galego de Espeleoloxía, que levarase a cabo na localidade de O Barco de Valdeorras (Ourense), durante os días 13-14 e 15 de Outubro.

Para o desenvolvemento do mesmo, contamos có apoio do Concello do Barco, Concellería de Deporte e Xuventude que respaldou esta iniciativa como anfitrión deste evento.

O Congreso nace co obxectivo de amosar "algo máis que deporte-ciencia", desenvolvendo un amplo abano de actividades: relatorios, mesas redondas, exposicións, certame fotográfico e obradoiros informáticos.

Todo elo co fin de dar a coñecer os avances deportivos e científicos que se produciron no contorno espeleolóxico, especialmente en Galicia. Servindo como foro de diálogo, unión e intercambio de ideas.

Esperámosvos a todos, neste o noso I Congreso: espeleólogos, clubs, técnicos ou investigadores, a cita é en Valdeorras …

A Comisión Organizadora

  Circular de inscrición (1ª circular)

  Programa
  Plano de situación

  Ficha de inscrición (para remitir vía e-mail)

 

 

 

 

Modalidades de participación

Federado

Espeleólogos en posesión da Licenza da Federación Galega de Espeleoloxía , ou Espeleólogos con licenza deportiva de calquera outra Federación de Espeleoloxía.

Non federado

Espeleólogos ou investigadores do carst.

 

 

 

 

Actividades complementarias

Obradoiros espeleoTIC06´, tecnoloxías da información e as comunicacións (audiovisuais; cartografía e topografía, fotografía dixital e fontes de información dispoñiibles na rede). Os participantes deberán dispor do seu propio PC (ver circular específica).

Certame Galego de Fotografía e Audiovisuais Espeleolóxicos, ver circular específica.

  Bases Certame Galego de Fotografía e Audiovisuais

 

 

Stands, para Clubs da FGE e Casas Comerciais, ver circular específica.

  Circular Stands                                                       

 

 

Exposicións e proxeccións, sobre a Espeleoloxía e o Descenso de Canóns.

 Cotas e prazo de inscrición

 

  

Datas de inscrición

 

 

Antes do 15 de Xuño

Despois do 15 de Xullo

 

 

Federados Galicia

Resto

Todos

 Federados

 Participantes

20 *

30

40

 

Acompañantes

15 *

20

30

 

Adheridos

10

15

20

 

Poñentes

0

0

Non admitida

Non federados 

Participantes

------------------

35

50 

 

Acompañantes

------------------

 25

 40

 

Adheridos

------------------

 20

 30

 

Poñentes

------------------

 0

 Non admitida

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 * As inscripcións dos federados galegos recibidas antes do 15 de xuño serán subvencionadas íntegramente pola F.G.E.

Dereitos que conleva

 

Recibe documentación 

Presenta relatorios

Participa en actividades

Recibe actas

Participantes 

 Sí

Non

Sí

Sí

 Acompañantes

Non

Non

Sí

Non

 Adheridos

Non

Non

Non

Sí

 Poñentes

Sí

Sí

Sí

Sí

 

 

 

 

 

 

 Datas límite

15 de Xuño

Envío de resumos (comunicación ou póster).

15 de Xuño

Inscrición Federados Galicia (cota subvencionada).

15 de Xuño Solicitude de Stands para Clubs FGE e casas comerciais.
15 de Xuño

Reserva de Aloxamento no Pavillón de Deportes do Barco, prazas limitadas.

10 de Setembro

Envío de fotos e audiovisuais para o certame.

15 de Setembro Envío de relatorios escritos, acetados.
15 de Setembro

Inscrición en Obradoiros espeleoTIC06.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aloxamento

A organización ofrece aos asistentes inscritos a posibilidade de utilizar as instalacións do Pavillón Municipal do Barco de xeito gratuito para pernoctar (necesario traer equipo de acampada). Calquera outra modalidade de aloxamento será xestionada polos asistentes.

© 2005 - Todos los derechos reservados
webmailneria CMSAviso LegalInicio