![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
A Federación Galega de Espeleoloxía (no sucesivo FGE) é a entidade que reúne e coordina tódalas Entidades e Seccións de Espeleoloxía radicadas na Comunidade Autónoma Galega que, pola súa vez reúnen e agrupan aos seus Espeleólogos e Técnicos.
Actividades
A FGE leva a cabo, ao longo do ano, actividades para a formación, divulgación e respecto polo medio subterráneo:
| Actividades de divulgación da espeleoloxía e o descenso de canóns | ||
| Cursos de formación en espeleoloxía e descenso de canóns | ||
| Xornadas de conservación de cavidades | ||
| Xornadas Fotográficas | ||
| Prácticas de rescate en cavidades | ||
| Campamentos infantís e xuvenís | ||
| Campamento galego de espeleoloxía | ||
| Campamento galego de descenso de canóns | ||
| Congresos de espeleoloxía e descenso de canóns |
Antecedentes
As orixes da federación remóntanse ao Comité Rexional Galego de Espeleoloxía (1969), con posterioridade da lugar á Sección Galega de Espeleoloxía (1977) e finalmente constitúese en 1981 a Federación Galega de Espeleoloxía (FGE). A FGE está afiliada á Federación Española de Espeleología (FEE).
Durante todos estes anos a Federación ven a impulsar e organizar eventos e congresos de ámbito estatal e internacional:
| 1985 | IV Xornadas Nacionais de Espeleosocorro | |
| 1989 | I Clinic de Instrutores e Monitores de Espeleoloxía | |
| 1992 | VI Congreso Español de Espeleoloxía | |
| 1996 | IV Clinic de Instrutores e Monitores de Espeleoloxía | |
| 2006 | I Congreso Galego de Espeleoloxía |