![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
| A primeira asistencia “in situ” e o traslado correspóndenlle á organización da proba. | |
| A M.G.D. só aboa traslados por urxencias graves e para hospitalización. | |
| Debes acudir sempre a un Centro concertado coa M.G.D. Solicita o cadro médico na Entidade Deportiva que te deu de alta, ou ponte en contacto telefonicamente coa Mutualidade, que che ten que facilitar esta información, ou directamente dende esta páxina web ou na páxina da MGD http://www.mgd.es/ | |
| Antes de acudir ao centro médico concertado, deberás adquirir un formulario de Comunicado de Accidente na Entidade deportiva que te deu de Alta ( Federación Galega de Espeleoloxía). Para o cal o club ao que pertences deberá remitirlle á F.G.E. por calquera medio escrito (carta, fax ou correo electrónico) un comunicado con tódolos datos do accidente. | |
| Unha vez cubertos pola Federación Galega de Espeleoloxía os apartados que lle corresponden deste impreso, deberás acudir ó servizo asistencial concertado, có Comunicado de Accidente, nun prazo non superior a 3 días dende a data da súa emisión. | |
| No Centro Médico, identificaraste presentando o teu D.N.I. así como o formulario do Comunicado de Accidente cuberto. | |
| No Centro Médico deberás esixir que che cubran no Comunicado de Accidente os datos que corresponden a este servizo. Unha vez cubertos polo Servizo Médico, deberaslle remitir o orixinal por correo á Mutualidade, nun prazo non superior a 7 días (art. 16 da Lei de Contrato de Seguro). | |
| No caso de urxencia, o centro asistencial dispón dun formulario provisional válido soamente para a primeira asistencia de urxencia. De non cambiares este formulario provisional polo definitivo no centro que te atendeu, perderás o teu dereito a sucesivas consultas e/ou tratamentos así como ó reembolso de gastos e indemnizacións se as necesitaras. A M.G.D. reservase o dereito de gastos e indemnizacións se as precisases. A M.G.D. reservase o dereito de reclamarche esta primeira asistencia no caso de non estar correctamente afiliado na mesma, ou non certificar a entidade deportiva que te deu de alta no noso seguro, que o accidente se produciu na práctica da actividade deportiva. | |
| Debes saber que a inactividade deportiva prescrita polo facultativo, neste formulario é obrigatoria. A M.G.D. non se fará cargo de ningún accidente acontecido durante este período de inactividade deportiva, e polo tanto, de cualquera das prestacións ás que che da dereito o teu seguro deportivo. | |
| No caso de producirse a túa alta médica deportiva antes do período de inactividade deportiva prescrita polo facultativo que cubriu o Comunicado de Accidente, deberás poñerte en contacto coa M.G.D. para informala,e deberás facilitar o número do Comunicado. | |
| No caso de producirse un accidente durante as fins de semana ou festivos podes poñerte en contacto coa M.G.D. no teléfono 619008172 |