Federación Galega de Espeleoloxía

Federación Galega de Espeleoloxía

Español | Galego  
BenvidaFederaciónI Congreso GalegoActividadesEspeleosocorroEscolaRefuxiosNormasRef. de MondoñedoRef. de LiñaresRef. de CobasEspeleoloxíaCanónsFuradaLigazónsContactar
www.espeleoloxia.org > Refuxios > Normas

Normas

Uso das instalacións deportivas da F.G.E.
A F.G.E. dispón, para os deportistas a ela adheridos, de tres instalacións deportivas: Refuxio de Liñares (Liñares-Piedrafita-Lugo), Refuxio de Mondoñedo (Argomoso-Mondoñedo-Lugo) e Refuxio de Cobas (Cobas-Rubiá-Ourense).
 
Existen dúas modalidades de aloxamento nas mesmas: deportistas federados con licenza na  modalidade de espeleoloxía do ano en curso, e acompañantes non Federados.
 
Na modalidade de Non Federados, só poderá haber aloxados na Instalación un número de prazas inferior ó 20% das prazas ofertadas como capacidade estándar e, como máximo, unha persoa non federada por cada deportista federado que estea no refuxio.
 
Sempre terán preferencia no aloxamento os deportistas federados.
 
Para a recollida das chaves, é imprescindíbel acreditar estar en posesión da licenza deportiva na modalidade de espeleoloxía para o ano en curso.
 
Co  fin de optimizar o uso das instalacións e evitar aglomeracións, os Clubs poderán notificar por calquera vía escrita a súa intención de uso.O feito de notificalo, non significa a reserva de prazas, mais sí o dereito de marcar os horarios de uso das zonas comúns.
 
O aboamento da estadía e a recollida das chaves da instalación realizarase:
  
Instalación Deportiva
Recollida/entrega de chaves
Aboamento estadía
Liñares
Casa Jaime (Liñares)
Tlf.- 982367166
Antes das 23:00 pm
Casa Jaime (Liñares).
Inscrición obrigatoria no libro rexistro.
Cobas
Gasolineira La Barosa
Tlf.-987695265 / 987422830
Antes das 23:00 pm
Caixa de correo na entrada do Refuxio e sobres preparados ó efecto.
Inscrición obrigatoria no libro rexistro.
Mondoñedo
Mesón O Valeco
Tlf.- 982521861
Antes das 23:00 pm
Mesón O Valeco.
Inscrición obrigatoria no libro rexistro.
 
 
A cota de estadía reflectida na táboa seguinte é aplicable a unha persoa e unha noite:
  
Instalación Deportiva
Prazas
Deportista Federado
Non Federado
Liñares
8
1,20 €
3,00 €
Cobas
24
1,20 €
3,00 €
Mondoñedo
24
1,20 €
3,00 €
 
NOTA: Calquera deficiencia ou anomalía na instalación deportiva comunicarase inmediatamente á F.G.E.
 
© 2005 - Todos los derechos reservados
webmailneria CMSAviso LegalInicio