![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
Dende sempre, o home interesouse pola exploración das covas na busca de acubillo, vivenda, auga e mesmo tesouros. Por estes motivos, o nome da nosa práctica deportiva,Espeleoloxía, toma o seu nome de dúas palabras gregas «spelaion: caverna ou cavidade» e «logos: tratado ou estudo».
Aínda que ó longo da historia houbo exploracións subterráneas, a práctica tal e como hoxe a coñecemos, nace a finais do século XIX da man de Edouard-Alfred Martel, verdadeiro promotor e pioneiro do que hoxe en día chamamos espeleoloxía moderna.
O crecemento da espeleoloxía en España e Galicia, malia ter que facer mención das exploracións feitas polos galegos Casiano de Prado e Jesús Carballo a mediados do século XIX, é moi lento ata mediados dos anos 60 (do século XX). A partir deste momento prodúcese un auxe na práctica deste deporte.
Froito deste desenvolvemento, en 1969 créase o Comité Rexional Galego de Espeleoloxía, do que nace a Sección Galega de Espeleoloxía e, posteriormente, constitúese a Federación Galega Espeleoloxía.
A práctica da espeleoloxía permítenos:
Ademais de todo isto, a espeleoloxía ten un compoñente científico, xa que nós, como espeleólogos levamos a cabo:
O xeito de iniciarse na espeleoloxía é Federándose e realizando os cursos que organiza a Escola Galega de Espeleoloxía.
Unha vez acadada a formación precisa, as actividades lévanas a cabo os Clubs que forman parte da Federación, onde te proporcionarán toda a información que precises para a práctica do noso deporte.