![]() | Federación Galega de Espeleoloxía | Español | Galego |
A outra espeleoloxía Nun descenso dun canón ou barranco podemos atopar verticais que obrigan a empregar técnicas de rappel, escalada, destrepes e saltos sempre controlados.Tamén resulta indispensable saber nadar. A práctica deportiva desta modalidade require duns coñecementos e técnicas especiais que se adapten ás características de cada descenso.
O descenso de canóns ou barrancos é unha práctica deportiva asumida polas federacións de espeleoloxía, dentro das súas estruturas.
A forma de iniciarse no descenso de canóns é Federándose e realizando os cursos que organiza a Escola Galega de Espeleoloxía.
Unha vez acadada a formación precisa, as actividades lévanas a cabo os Clubs que forman parte da Federación, onde che proporcionarán tódala información que precises para a práctica do noso deporte.